| do blog do libro |
31.7.12
30.7.12
LAGAR ROMASANTA
Neste verán apático no que non hai clases de baile, no que non hai vacacións coas rapazas, no que non hai viños en Ourense... parece como se a miña dorna ficara lonxe da quentura da area da praia da Lanzada ou de Areas e devecendo polos aloumiños de cada vaga que vén e vai arrolandome.
Quedei varada en tardes longas de lecturas dispares que chegan ás miñas mans e sen un norte claro. Aínda que gozo con cada liña que me permiten viaxar polas rúas de Barcelona, con Ruíz Zafón; por Marrocos, con “Tiempo entre costuras” ou polos montes dos países nórdicos con “O muiñeiro ouveador” faltame actividade, as risas cos rapaces e as carreiras para riba e para abaixo no centro.
Porén hoxe rachouse esa monotonía e achegueime ao bacelo de meu pai. Coma cada verán son a encargada de mudarlles ás cepas o traxe de inverno para deixalas a escarrola, máis lixeiras e atrevidas, ensinando cada vago coquetamente para que o sol morno das tardes de verán vaian dourando pouco a pouco a súa pel. Nas abas do monte de Penacova fican estantías as cepas do bacelo de Lagar Romasanta, ben á raxeira, doentes de calor, mais tamén dunhas pingas refrescantes que enchan de zugo e engorden os acios que este ano naceron tarde por falta auga. Están aí quietiñas, en ringleiras, ordenadiñas e mirando de enxergo cara a vila de Allariz.
4.7.12
Aprende _ Aid
Aid, unha vez máis coa cultura galega rapea a Rosalía, "A xustiza pola man". Vede Sermos Galiza
Lecturas
Algunhas das valoracións que o alumnado do IES de Mos fixo sobre algún dos libros que se leron car afinal deste curso que vén de rematar.
14.6.12
Homenaxe Celso Emilio
Para conmemorar o centenario do nacemento do poeta de Celanova o alumnado de 4º da ESO recitou algúns dos versos de Celso Emilio.
Eu en ti , María Jorge
Ti e máis eu, Aldana Colmán
Aire Puro, Edwar
Irmaos, Mónica Fernández
Un home, Carla Cambeiro
Inverno, Carlos García
Longa noite de pedra, Eloy Cruz
Longa noite de pedra, Yerai
En Celanova había un neno triste, Raquel García
3.6.12
1.5.12
Poesía galega na posguerra
A poesía galega na posguerra feita por Lourenço Alvarez Ruiz e que podedes atopar en Slideshare.
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
View more PowerPoint from Lourenço Alvarez Ruiz
26.4.12
Escoitar a Valentín
No blog de Son de Poetas xa podemos escoitas un dos poemas de Valentín. Todo un luxo porque é moi complicado atopar os seus poemas.
Grazas Xoán.
25.4.12
Valentín Paz Andrade
Despois da lectura de varios ensaios sobre a vida do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas deixo este libro resumo dalgúns dos feitos máis importantes nos que participou. Xa sei que faltan moitos detalles, pero a vida de Valentín é tan ampla e rica que poderiamos escribir follas e follas debido á loita incansable que el levou a cabo por Galicia e pola súa apertura cara o mundo durante o século XX.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


