Moitas
persoas me recomendaron este libro e de verdade que acertaron de cheo.
Facía tempo que non gozaba coa lectura desta maneira.
A autora transmite con palabras concisas os sentimentos que anegan a cada un dos protagonistas. Os trazos sensoriais da súa prosa permítennos gozar das cores e sons de Tetuán, Madrid, Lisboa e cada un dos lugares ou escenarios polos que se moven os protagonistas.
Houbo momentos nos
que me parecía estar vendo unha serie e paraba para comer e estaba
pensando que tiña que ver como seguía. Nin a TV consegue isto a maior parte das veces.
Un exemplo de superación da muller nunha sociedade machista e convulsa
na que había que andar con pes de la para saber cal era o mellor
aliado, primeiro na Gerra Civil española e logo na Segunda Guerra Mundial, épocas históricas que enmarcan o días a día dunha Sira, núa e desprotexida nos primeiros capítulos, mais forte, rexa, madura e segura cara o remate.
Novela tamén de desenganos amorosos e feridas que a
protagonista só poderá curar con puntadas miúdas para facer un zurcido
que o paso do tempo se encargará de pulir para convertela nunha muller
refinada que pasa a ser unha modista de alta costura e espía británica.
Só lle poría unha pega, que remata. Non me improtaría nada seguir lendo outras 600 páxinas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario