Cando as vacacións de verán se reducen a sol e praia o máis interesante que se pode facer é acompañarse dun bo libro. Este verán o meu compañeiro de viaxe foi La sombra del viento, de Carlos Ruíz Zafón, xa que mo recomendou unha amiga.
Aínda que tivo que sufrir o atropelo dalgunha onda rebuldeira que a iso das 7.30 da tarde se lle daba por brincar máis arriba da liña do litoral. Poren, sobreviviu e mantívome entretida e de viaxe polas rúas dunha Barcelona enigmática.
A pluma estilográfica de Victor Hugo son o elo da cadea que une o presente e o pasado nesta novela que fai que os personaxes de ficción e os reais se mesturen no mesmo plano ata o punto de usurparse identidades.
A descuberta do libro La sombra del viento, no cemiterio dos libros esquecidos, leva a Daniel a mergullarse nunha investigación trepidante sobre o autor daquel exemplar. Iso será a escusa perfecta para que os múltiples narradores cos que vai contactando nos fagan chegar a vida dos distintos personaxes, que tiveron que sobrevivir aos difíciles anos da guerra, á ditadura de pais despóticos ou ao caciquismo dunha sociedade deturpada que non se afasta tanto do presente no que vive o protagonista.
Hai moitas frases que podía destacar desta novela, pero quedo cunha que me recordou á lectura de facultade do Triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes, que tantas veces levo relido e que se agocha na gabeta do meu escritorio.
“ _Yo creo que nada sucede por casualidad, ¿sabes? Que, en el fondo, las cosas tienen su plan secreto, aunque nosotros no lo entendamos. Como el que encontrases esa novela de Julian Carax en el Cementerio de los Libros Olvidados, o el que estemos tú y yo ahora aquí, en esta casa que perteneció q los Aldaya. Todo forma parte de algo que no podemos entender, pero que nos posee.”
La sombra del viento
“Nada xorde da nada nin por un casual . A casualidade non existe. As cousas estábanse a cocer dende había moito tempo. Detrás de cada suceso hai sempre una historia. Unha relación de causa efecto, e se a veces non acertamos a explicar acontecementos que nos sorprendan, non é porque o azar ande no xogo, é porque a nosa razón non vai aínda máis alá, porque aínda non acadamos o necesario nivel de coñecemento..."
“Nada xorde da nada nin por un casual . A casualidade non existe. As cousas estábanse a cocer dende había moito tempo. Detrás de cada suceso hai sempre una historia. Unha relación de causa efecto, e se a veces non acertamos a explicar acontecementos que nos sorprendan, non é porque o azar ande no xogo, é porque a nosa razón non vai aínda máis alá, porque aínda non acadamos o necesario nivel de coñecemento..."
O triángulo inscrito na circunferencia.
Menos mal que teño o mar para verte...
ResponderEliminarO mellor das cousas que suceden cando suceden, e o intro no que te das conta que suceden nun momento sin sentido, pero que lle encontras a lóxica cando o sentido conecta co que vai sucedendo. Unha aperta moi forte.
ResponderEliminarO mar precisamente é o que boto eu de menos!!! O feito de non viaxar nada á costa de Pontevedra este verán fixo que non descansara!!! Sobre todo boto de menos as tardes sentada na beira da praia da Lanzada, mirando cara o horizonte, vendo como se pon o sol e como as últimas raiolas te deixan fuxir a mundos imaxinarios aos que non trabas para ir. E unha vez alí podes disfrutar sempre da compaña desas persoas as que desexarías ter ao teu carón, abrazar e dicir o moito que as queres ou as botas de menos.
ResponderEliminarO solpor en Ourense non é o mesmo, pero algunha noite deste verán deitarse mirando as estrelas tamén fixo posible soñar. Grazas a Jacobo, o profe de medioambiente, foi posible ver algo máis no ceo.
Pero xa sabedes que se as cousas son así é por algo. Apertas moi grandes aos lectores e lectoras.
Xa perdín a conta das veces que crucei a nado a praia da Lanzada tendo coma testemuña o vello corvo mariño, sito na rocha da entrada, e que co paso do tempo vai perdendo o seu aspecto. A amizade que me une a tí oxalá que non se deteriore co paso dos anos pois como alguén dixo unha vez: "a vida é un espectáculo magnífico, pero temos malos asientos e por iso moitas veces non entendemos o que estamos presenciando".Unha aperta moi grande para ti.
ResponderEliminarQue envexa!!! O meu mar!!! Que terá a Lanzada!!! Como se bota de menos!!!
ResponderEliminarAgora entendo de onde sae a grandeza e a forza que tí tes: da Lanzada.
ResponderEliminarGrazas mil. Non será para tanto!!! O segredo está sempre en loitar polo que máis queres, polo que queres de verdade!!! Cando o corazón se pon en todo aquilo que fas as cousas saen con máis gusto; iso si, hai que ter conta, porque logo cando non saen como queres, que tamén ocorre, a desilusión e maior.
ResponderEliminarCon todo a loita e o traballo están presententes cada día naquilo que fago e sempre intento dar o mellor. Alégrome de que alguén teña unha visión positiva do que fago. Estaba un chisco cansada de escoitar que era moi negativa.
Outra vez grazas!!
A maioría de nos levamos unha vida tranquila, anónima, mentres camiñamos por este mundo. O máis probable é que non haxa desfiles nin monumentos no noso honor. Pero non por iso disminúe a importancia da pegada que poidamos deixar, pois hai moitísima xente esperando a que alquén coma tí apareza na súa vida, xente que terá en boa estima a túa achega e o teu estímulo e que está necesitada dos teus talentos particulares.
ResponderEliminarSin dúbida serán persoas que terán unha existencia máis feliz só porque te tomas o tempo para compartir con elas o que tes para dar.
Con demasiada frecuencia subestimo o poder dunha caricia, un sorriso, unha palabra amable, un oido atento, un eloxio sincero, e das máis sinxelas mostras de interese. Pero todo iso é capaz de cambiar unha vida.
Síntome abrumado ao pensar nas constantes oportunidades que se presentan para facerche sentir o meu agradecemento e agarimo.