10.4.12

Palabras adozas con cariño

Quería publicar hoxe as palabras de agarimo que me alegraron o primeiro día de traballo despois duns días de descanso, xa que é un pracer poder ler uns versos cando son froito dun sentimento fondo e auténtico de amizade que parece alimentar da distancia.

Hoxe xoguei coa túa alma, fun cruzar o mar,
fun voar pola ruta que me trazou o teu recordo.
Camiño polo sendeiro do destino e refúxiome
naquela mirada que unha vez me regalaches.

O regalo da motivación e recoñecemento do positivo! Merece a pena ser profe, ou non?

3 comentarios:

  1. A gratitude e unha das formas máis sinxelas e poderosas de transformar a nosa vida. Se nos sentimos realmente agradecidos convertímonos nun imán que atrae gozo. En realidade sen agradecemento non podemos cambiar nada. A vida cambia na medida que sentimos agradecemento. E imposible ser negativo, queixarse, criticar os
    demais ou culpalos cando te senten agradecido. O medo e aculpa contráenos, envellécenos. A gratitude e o amor expándenos e frea o envellecemento.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente dacordo. Cando ti regalar amor recibes só amor e cariño e iso é un pracer. Pola contra se estás triste só consegues afastarte do mundo e maldicirte por todo o que pasa.
    Eu non sei se regalo amor ou non; creo que coido a amizade e amólame non poder estar en todos os sitios que me gustaría estar, pero todas esas persoas seguro, e ben seguro, ocupan un lugar moi importante dentro de min!
    Grazas pola amizade. Miles de bicos.

    ResponderEliminar
  3. That is a good tip especially to those fresh to the blogosphere.
    Short but very accurate information… Thanks for sharing this one.
    A must read post!

    Here is my blog post :: reklama na samochód

    ResponderEliminar