20.1.14
Música, pretexto para traballar máis
Cantando aprendemos a describir e as figuras literarias ou repasamos léxico que xa vimos e o que falamos das linguas do mundo. Todos encantados!!!
Puxemos o tema de Tic Tac de "Quen son", logo "Son Brasilego" e finalmente "Eu to Alegre", tamén de Sergio.
(Ademais temos un neno do Brasil, que estaba dobremente encantado!!)
Primeiro lede a descrición que lle saíu a Mencía e a Mónica tras escoitar ests temas:
Son alta e delgada
non quero ser trol nin fada
Teño o pelo rizado
e non o qeuro ondulado.
Son agradable ou desagradable?
son alegre ou tristeira?
Son tranquila ou bulebule?
Son veloz cando patino
pero ando sempre con tino.
Gústame viaxar
e outros lugares visitar.
Como serei, como serei?
da terra ou de mar?
Como serei, como serei?
De solpor ou de luar?
Lendas, patrimonio máxico de Galicia
Cova da Serpe
Na parroquia da
miña aldea, Santa Mariña de Langostelle, en Guitiriz, cóntase esta lenda:
No alto dun monte
hai unha cova onde habita unha serpe de oito metros de longo. Cando saía a
comer ía a uns campos de alí cerca.
Comía toda variedade de cousas: persoas, animais, cultivos, etc.
A xente de alí xa
estaba cansa de que lle acabara con todo, cos seus cultivos, cos seus animais.
Entón decidiron poñerlle un burro de alcatrán que a serpe tragou sen reparo dun
bocado e, despois prendéronlle lume.
É por esta razón
que a esa aldea lle chaman a cova da serpe.
Andrea Izquierdo (1º ESO)
A Pedra da Serpe
Conta a lenda que
nos pombais de Gondomil, non había nin unha soa pomba porque alí vivía unha
serpe alada.
A serpe, todas as
noites, saía e comía un home. A xente estaba moi asustada, temendo que foran os
seguintes, pero un día pasou por alí Santo Hadrián co seu pau máxico e
converteu a serpe alada nunha pedra.
Aínda hoxe é
coñecida a Pedra da Serpe situada en Gondomil, Corme, Ponteceso.
Laura Lema (1º ESO)
A Cruz de Santa
Cruz de Aranga
Di a lenda que na
fonte da Milagrosa de Santa Cruz foi atopada unha cruz de latón e que se
trasladou á igrexa que se atopa enfronte.
Pero a cruz un
día desapareceu do lugar e volveu aparecer onde fora atopada. Isto ocorreu varias veces.
Para evitalo, decidiron facer un monumento de pedra con dous canos por onde
sae a auga e , no medio unha imitación da
devandita cruz. Dende aquel día a verdadeira cruz non volveu saír estrañamente
da igrexa.
Dise que a auga
da fonte de Santa Cruz é repelente dos insectos e algunha xente lévaa para
evitar que estes bichiños entren nas hortas.
Mencía (1º ESO)
Feáns
O lugar onde vivo chámase Feáns e segundo conta a lenda este nome está relacionado cunha muller que vivía no lugar alá polo ano 1900.
Esta muller era fea, fea, fea e chamábase Anselina. Vivía no medio e medio do lugar. E un día de moita calor, cando se produciu un terrible incendio na casa dun dos veciños, foi a única que tivo o valor a entrar para o socorrer para que non morrera alí dentro.
E por este motivo se lle puxo o nome de Feáns ao lugar.
Roi Viñas (1º ESO)
19.1.14
A cántara da moura
A Cántara da Moura é unha lenda que nos conta o pai dos alumnos Marcos e Pablo Regueira:
“No interior desta cova habita unha fermosísima moura. Ao romper o día a moura abandona o seu recuncho de pedra para saír a sentarse ao lado do río. Alí peitea os seus largos cabelos dourados cun peiteador de ouro, mentres agarda acercarse as rapazas de Corzos que gardan o seu gando; no momento que pasan ao seu lado a moura deixa caer o seu peiteador. Se a moza para a recoller o peiteador, a moura premia a súa bondade cunhas moedas de ouro. Se a rapaza segue o seu camiño e non se detén, a moura castiga o desdén da doncela converténdoa nunha das moitas rochas que hai no lugar.”
15.1.14
A WEB DE COUÑAGO
Grazas a Román Landín puiden chegar a esta web:
Paréceme un traballo interesantísimo para achegarnos ao patrimonio cultural galego (arquitectura, tradición oral...) Non deixedes de botar unha ollada ao seu traballo se queredes afondar na maxia que agochan os recunchos da nosa Galicia.
Aquí o podedes ver explicándonos a lenda da "Pena dos mouros, de Remesar"
Outras lendas en VTelevisión: LENDAS VIVAS
Paréceme un traballo interesantísimo para achegarnos ao patrimonio cultural galego (arquitectura, tradición oral...) Non deixedes de botar unha ollada ao seu traballo se queredes afondar na maxia que agochan os recunchos da nosa Galicia.
Aquí o podedes ver explicándonos a lenda da "Pena dos mouros, de Remesar"
Outras lendas en VTelevisión: LENDAS VIVAS
DEBUXAMOS CON DRAGAL
O trazo áxil dalgúns talentos agochados entre os dragaliños do IES Puga Ramón, permítenos gozar cos debuxos que lles suxeriu a lectura desta fantástica novela.
Dragal e os espazos máxicos
O alumnado de segundo non só recolleu as lendas que forman parte da nosa memoria cultural como pobo cun tesouro máxico incalculable, senón que tamén fotografaron os lugares cos que podemos asociar esas historias.
14.1.14
Galicia de Lenda
O alumnado do IES Puga Ramón no que traballo este curso, inspirados e guiados pola máxia de Dragal, este Nadal andaron na procura doutros tesouros máxicos da nosa terra.
Aquí vos deixo unha pequena mostra das lendas que recolleron por unha ou outra canle.
Santiago Calvo:
Grazas polo esforzo a todos/as as que participastes na actividade.
11.1.14
ACadaCanto
Un agasallo para o meu alumnado de 1º da ESO que lles encanta escoitar a súa profe de primaria cantar.
ROI CASAL
Esta semana puiden ver en directo a Roi Casal e os seus músicos tocandonos en primicia algún dos temas do seu novo disco.
Son un grupo marabilloso. Ademais de boa músico puidemos descubrir como é o proceso de creación do seu traballo.
Agardamos con impaciencia ese concerto do Principal en Santiago!!!
MAXICAMENTE VELLO
Maxicamente, puiden asistir ao concerto de Roi Casal no Teatro Principal de Ourense e gozar dun espectáculo fermoso. Boa música, boas voces e sentimento enriba do escenario para chegar ao máis fondo de cada un dos espectadores.
Son un grupo marabilloso. Ademais de boa músico puidemos descubrir como é o proceso de creación do seu traballo.
Agardamos con impaciencia ese concerto do Principal en Santiago!!!
MAXICAMENTE VELLO
Maxicamente, puiden asistir ao concerto de Roi Casal no Teatro Principal de Ourense e gozar dun espectáculo fermoso. Boa música, boas voces e sentimento enriba do escenario para chegar ao máis fondo de cada un dos espectadores.
Grazas por descubrirme a Roi, MAR!!! Es xenial. Bicos moi grandes.
2.1.14
As Letras de Díaz Castro
O ano 2014 será dedicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, e dende este momento estamos destinados a deixarnos levar polos seus versos.
Aquí vos deixo un dos poemas de Nimbos que me gusta.
Unhas notas da súa vida e obra.
Penélope recitado pola xente do IES Barxas.
Como ve a xente da rúa ao poeta Díaz Castro?
Aquí tedes unha curta do Proxecto Nimbos, inspirado polo poema "Como unha espada" e feito por Fran Rodríguez. Se premedes na ligazón podedes ver algunha máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




